Galería de imaxes

Prensa

Notas de prensa

A EXPOSICIÓN PERMANECERÁ DURANTE O MES DE MAIO NA CAPITAL ARXENTINA

17/04/2009 12:32:05

A exposición "As nosas palabras, os nosos mundos", coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convida a facer un percorrido pola historia do galego no contexto mundial da diversidade lingüística, realizará proximamente a que constitúe a súa segunda viaxe ao estranxeiro desde que comenzou, en xullo de 2008 en Santiago de Compostela, a súa itinerancia. En setembro do ano pasado, a mostra recalou nas dependencias da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, en Bruxelas; e agora trasladáronse a Bos Aires, onde poderá visitarse durante o vindeiro mes. En concreto, a exposición estará no Espazo Casa da Cultura, pertencente ao goberno boaerense, desde o 15 ata o 28 de maio. O horario de visitas será de martes a domingo, de 14:00 a 20:00 horas.

Lugo foi a última cidade que acolleu a exposición, entre o 23 de marzo e o 5 de abril. Durante estes días foron 1.200 persoas as que visitaron a mostra no Centro Social Uxío Novoneyra, entre os que figuran grupos de alumnos de diferentes institutos da provincia luguesa.

Desde o inicio da súa itinerancia, a exposición sobre o galego e a diversidade ligüística percorreu as cidades de Santiago, Vilagarcía, Bilbao, Bruxelas, Vigo, Madrid, A Coruña e Lugo.