Imaxe

Novas

MÁIS DE 10.000 PERSOAS VISITARON A EXPOSICIÓN “AS NOSAS PALABRAS, OS NOSO MUNDOS” DURANTE A SÚA ITINERANCIA POLO MUNDO

15/07/2009 13:42:24

 

-A mostra chega a Ourense, onde fará a súa última parada, avalada por un gran éxito de participación-
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística inaugurou hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense a exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”, que permanecerá aberta ata o próximo 19 de xullo. A mostra chega á cidade das Burgas tras un longo periplo durante dous anos nos que percorreu 10 cidades de todo o mundo: Santiago de Compostela, Vigo, Bruxelas, Bilbao, Madriid, Sevilla, A Coruña, Vilagarcía, Lugo e Bos Aires. No acto inaugural estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; e o delegado provincial da Xunta en Galicia, Rogelio Martínez