
A exposición "As nosas palabras, os nosos mundos" coa que a Secretaría Xeral de Comunicación convida a facer un percorrido pola historia do galego no contexto mundial da diversidade lingüística, viaxa a Arxentina onde poderá visitarse durante o mes de maio.
A exposición estará no Espazo Casa da Cultura, pertencente ao goberno de Bos Aires, desde o 15 ata o 28 de maio. O horario de visitas será de martes a domingo de 14:00 a 20:00 horas.