Imaxe

Novas

A SECRETARIA XERAL EN FUNCIÓNS DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA INAUGUROU HOXE A EXPOSICIÓN EN LUGO

23/03/2009 17:36:21

A secretaria xeral en funciósn de Política Lingüística inaugurou hoxe a exposicón sobre o galego e o plurilingüismo mundial, que permanecerá na Sala Municipal Uxío Novoneyra ata o 5 de abril.

Na súa intervención, a responsable autonómica defendeu "o importante papel que xoga a mocidade para garantir o futuro do plurilingüismo".

O acto inaugural contou coa actuación da cantante de hip-hop Aíd e coa presenza de alumnos do IES Perdouro de Burela, centro premiado este curso polo seu proxecto de innovación en materia de dinamización lingüística.

Durante a súa estadía en Lugo, a mostra incorporará unha instalación que lle permitirá ao alumnado de diferentes centros da provincia luguesa coñecer e poñer en práctica os segredos do mundo da dobraxe, ao mesmo tempo que realizarán unha visita guiada á mostra.